Castelao é un artista e político total da Galiza, dil sairon obras de teatro, deseños, caricaturas, ensaios e entre outras criacións. Ademais o Castelao foi militante no Partido Galegista, deputado no parlamento español e no Consello da Galiza, que foi o governo galego no exílio durante a dictadura de Franco. A faceta máis coñecida é a de debuxante, en parte polo interese político que ten para alguns silenciar as suas ideias, e en parte pola cualidade dos seus deseños, con trazo e estilo próprio.
Entre a aportación artística de
Castelao atopámonos as suas letras capitulares, uns caracteres de
ascendéncia celta que deseñou para a revista Nós,
cartazes, debuxos, e mais unha manchea de criazóns. Eiqui fixemos
unha fonte True Type baseada nas suas letras, e dizer un arquivo
que se pode instalar en calquer PC para poder escrever e imprimir cos caracteres
do Castelao.
A imaxe inferior amosa o aspecto dalguns caracteres desta fonte que ainda inclue moitos máis até encher os acentuados e todos os símbolos especiais.
Instruccións para instalar a fonte en sistemas Windows:
-Descargue a fonte premendo o enlaze e garde o arquivo
nalgun directório do seu PC.
-O arquivo está comprimido con WinZip por
eso ten terminación ".zip" no canto de ".ttf" (ttf: true type font),
para instalalo primeiro hai que descomprimilo con WinZip, poden conseguer
unha versión de prova en winzip.com.
-Si xa ten o arquivo descomprimido, prema está
secuéncia:
Ainda hai outra opción se se quere escrever con este tipo de caracteres, A. Ferreiro ten deseñado a fonte Gallaecia (ttf), baseada nas vellísimas inscricións en pedra que se atopan pola Galiza. Eis un enlaze á sua páxina:
Os deseños incluidos nesta páxina son obra de Castelao