CONXURO

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas,
demos, trasnos e diaņos,
espíritos das neboentas veigas,
corvos, píntegas e meigas,
feitizos das menciñeiras.

Podres canotos furados,
fogar dos vermes e alimarias,
lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.

Oubeo do can, pregón da morte;
fociño do sátiro e pé do coello,
pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.

Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadáveres ardentes,
corpos fanados dos indecentes,
peidos dos infernais cus.

Muxido da mar embravecida,
barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.

Con este fol levantarei as chamas deste lume
que asemella ó do inferno;
e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas,
índose bañar á praia das areas gordas.

¡Oíde!, ¡oíde os ruxidos que dan
as que on poden deixar de se queimaren no augardente
ficando así purificadas!.

E cando esta beberaxe baixe polas nosas gorxas,
ficaremos ceibes dos males da nosa ialma
e de todo embruxamento.

Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vos fago esta chamada:
Si é verdade que tendes
mais poder que a humana xente,
aquí e agora, facede que os espíritos
dos amigos que están fora,
participen connosco desta queimada.


[Páxina de receitas] Voltar á páxina de receitas. [Páxina principal] Voltar á páxina principal de Jacobo Riesco



[Geocities] Páxina mantida en GeoCities Paris.
Data da derradeira modificación: 13 de Agosto de 1996 ás 21:15
Copyright © 1996 Jacobo Riesco.

1